Excursión ao mercado
27.09.2014 16:04
Excursión ao mercado
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º visitamos o Mercado de Redondela
o pasado 23 de setembro.
Primeiramente, unha monitora informóunos da nosa traxectoria polo
mercado. Así, empezaríamos coñecendo os diferentes postos: frutería,
pescadería, panadería, pastelería.... Nese primeiro recorrido, aprendimos
as diferentes características dos alimentos.
De seguido, visitamos unha sala de exposición con fotografías do choco,
xa que esa semana, estaba de temática no Mercado. Puxéronos un vídeo sobre
este cefalópodo, no que descubrimos un montón de peculiaridades sobre a súa
vida.
Finalmente, comemos pizza e de volta a escola.