Excursión Policía Local de Vigo

O pasado venres 14 de novembro fomos a Policía Local de Vigo. Primeiramente,  poidemos apreciar os diferentes uniformes da policía,  que foron modernizándose co paso do tempo. De seguido, fomos a unha sala donde coñecimos a  Dori, unha policía moi  amable, que nos falou do tráfico, das mormas de seguridade vial, dos perigos de internet e como debemos actuar diante dun descoñecido. Nombrounos colaboradores da policía, e denominounos o grupo ALFA. Nesa sala,  tamén nos ensinou as suas esposas e o seu walki talki de policía.

 

Máis tarde fomos á armería, que é onde os policías gardan as súas armas, cargadores e balas. Alí,  Dori  ensinounos a súa   pistola. Despois,  fomos  a sala de control. Nesa sala,   os policías reciben as chamadas de emerxencia e está rodeada de pantallas que mostran as diferentes partes de vigo,para que poidan actuar con rapidez no caso dalgún incidente. Tamén visitamos  o policía engardo de protección animais, que nos explicou a súas tarefas (rescataba todo tipo de animais desde terrestres a submariños)e  o procedemento a seguir,  se atopábamos algún animal ferido. 

 

A continuación,  saímos o aparcamento e montamos nas motos policiais. Despois Dori , ensinounos o ximnasio e ás maquinas coas que se entrenan os policías e os utensilios que usan para practicar a defensa persoal. Nese traxecto coñecimos ao chófer do alcade que se encarga de trasladarlo.

Finalmente, asistimos a sala de control de tráfico, onde os policias vixilan as rúas e controlan aqueles cidadáns que non respetan as normas víais, como por exemplo,  circular a unha velocidade maior da permitida. Xa por último, fomos o despacho de Dori e regalounos libros e caramelos.

 

 Redactado por: Carlos Alvárez, David Gil e Pablo Arostegui. 5º primaria